A Real Academia de Medicina de Galicia convoca para este ano 2018 os seguintes premios:
- Premio da FUNDACIÓN PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA, CONDE DE FENOSA, ao mellor traballo presentado, de tema libre, en ciencias médicas de aplicación clínica. Nomeamento de académico correspondente e unha dotación económica de 6.010 euros.
- Premio da FUNDACIÓN CENTRO ONCOLÓXICO DE GALICIA, “JOSÉ ANTONIO QUIROGA Y PIÑEYRO”, a un traballo de tema libre de investigación oncolóxica non básica, de interese científico-social-sanitario. Dotación de 6.010 euros.
BASES
Os traballos deberán ser orixinais, inéditos e non premiados xa por ningunha outra entidade, e poden estar realizados por un só autor ou por varios autores, en equipo.
No caso do premio que inclúe como galardón o nomeamento de académico correspondente, o devandito título só se outorgará, exclusivamente, ao primeiro dos autores premiados, se non o posuíse.
Ao autor e coautores ou colaboradores que figuren como tales entregaráselles un certificado individual da participación nos traballos premiados. El/os mesmos autores non poderán presentar o mesmo traballo ao dos Premios convocados.
Poderanse conceder “mencións honoríficas” a outros traballos presentados á mesma convocatoria, que sexan merecedores diso.
A Real Academia poderá acordar, se o considera oportuno, a impresión do traballo galardoado fixándose, en cada caso, o número de exemplares que haberían de corresponder a cada unha das partes. Todas as memorias presentadas quedarán propiedade da academia.
CONDICIÓNS DOS TRABALLOS
1- Estarán escritos a máquina a dous espazos, en tamaño DIN A4 ou holandesa, redactados en castelán ou galego, sen sinatura, nin rúbrica, nin indicación que poida revelar o nome ou os nomes dos autores, e levará na súa primeira páxina ou cuberta, ademais do título, un lema que exprese a que premio se presenta; de non o indicar será eliminado do concurso. Tales manuscritos non deberán exceder de 50 páxinas.
2- Cada traballo, enviado á Academia en forma que se manteña o anonimato do seu autor/a, virá acompañado por unha “plica” en sobre pechado, co título completo e “lema”, integrada polos seguintes documentos:
- O nome do autor ou, se é o caso, autores especificando, neste caso a súa orde como 1.º, 2.º, 3.º etc. asinantes. Acompañaranse as fotocopias do/s título/s profesionais e tamén fotocopias dos correspondentes DNI.
- Domicilio e teléfono do autor ou autores, así como unha declaración xurada de que o traballo é orixinal e non foi publicado total, nin parcialmente, con anterioridade.
- Unha carta asinada polo autor ou autores comprometéndose a aceptar o premio no caso de que o seu traballo resulte merecedor deste.
3- Para que sexan aceptados os traballos deberanse enviar tres exemplares imprimidos e outro en soporte informático cuxos arquivos permitan a reprodución escrita do traballo. Cada copia deberá especificar o título,o “lema” e a que premio dos convocados concorre.
4- Os traballos deben ser remitidos á Secretaría da Real Academia de Medicina de Galicia, na rúa Durán Loriga, 10, 15003, A Coruña, antes do 31 de outubro de 2018, data en que quedará cerrada a admisión.
5- Incumprir calquera das condicións antecedentes suporá a eliminación automática do concurso.
OUTRAS NORMAS DO CONCURSO
A- A entrega dos premios terá lugar no acto inaugural do curso académico, no mes de xaneiro de 2019.
B- O ditame da academia, por votación secreta dos seus membros numerarios, con informe previo non vinculante da comisión nomeada para avaliar os traballos presentados, será inapelable, e poderá ser declarado deserto algún premio.
C- A comisión avaliadora poderá orientar algún dos traballos presentados cara a outro premio distinto ao que opten, se así o permite o carácter temático do traballo en cuestión.
D- Non poderán tomar parte no concurso os Académicos Numerarios da Real Academia de Medicina de Galicia, incluso en condición de “electos” nin os autores e coautores xa Premiados, en convocatorias anteriores, con calquera dos premios da Academia.
E- Non poderá ser concedido o título de Académico Correspondente, nin ningún outro premio, aos autores que non posúan a titulación universitaria de Licenciados ou Doutores en Medicina.